Este ano a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A
Mariña conta novamente cunha subvención que permite dar
continuidade ó desenvolvemento do programa dirixido a mulleres en
situación de especial vulnerabilidade, COIDANDO DE MIN VI. Este
programa estivo subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo
Social Europeo (nunha porcentaxe do 80% no marco do programa operativo
FSE Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9 “promover a inclusión
social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación “ prioridade
de investimento 9.3 “ a loita contra toda forma de discriminación e a promoción
da igualdade de oportunidades”, obxectivo específico 9.3.1 “ aumentar a
integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis
vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e
aconciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación
múltiple.”
Os resultados esperados son continuar
mellorando e afianzamento a seguridade en sí mesmas, continuar mellorando o
coñecemento da enfermidade, mellora ou mantemento da integración na comunidade,
adquirir ou mellorar estratexias de afrontamento ante situacións adversas, manter
ou aumentar a rede social de apoio, prestándolles apoio naquelas situacions que
o precisen.
|