Este ano a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña volve a contar cunha
subvención para dar continuidade ó desenvolvemento de un programa dirixido a
mulleres en situación de especial vulnerabilidade, Coindando de min.
Este programa está subvencionado pola Secreteria Xeral de Igualdade e
polo Fondo Social Europeo ( nunha porcentaxe do 80 % no marco do programa
operativo FSE Galicia2014 - 2020, no obxetivo temático 9 "promover a
inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de
discriminación", prioridade de investimento 9.3 " a loita contra toda
forma de discriminación e o fomento de igualdade de oportunidades",
obxetivo especifico 9.3.1 " aumentar a integración sociolaboral das
persoas pertenecentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacions que
fomenten a igualdade do xenero e a conciliación da vida pesoal e laboral,
evitando pola súa vez a discriminación multiple.)
Os resultados esperados é o aumento da seguridade en
sí mesmas, ausencia de recaidas, participación activa na comunidade,
estabilidade clinica e aumento da rede social de apoio das mulleres
participantes no programa.
|