jueves, 18 de junio de 2020

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE.

Este ano a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña  conta novamente cunha subvención  que permite dar continuidade ó desenvolvemento do programa  dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade,  COIDANDO DE  MIN VI. Este programa estivo subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo Social Europeo (nunha porcentaxe do 80% no marco do programa operativo FSE  Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9 “promover  a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación “ prioridade de investimento 9.3 “ a loita contra toda forma de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades”, obxectivo específico 9.3.1  “ aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e aconciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple.”
 Os resultados esperados son continuar mellorando e afianzamento a seguridade en sí mesmas, continuar mellorando o coñecemento da enfermidade, mellora ou mantemento da integración na comunidade, adquirir ou mellorar estratexias de afrontamento ante situacións adversas, manter ou aumentar a rede social de apoio, prestándolles apoio naquelas situacions que o precisen.

viernes, 10 de enero de 2020

VELANDO POLA MIÑA SAÚDE INTEGRAL
















A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña acaba de recibir unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral”. Este programa está a ser cofinanciado pola  Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2019.
O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio as usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde.




Fotografía da educadora social que desenvolve o Programa  consultando dispoñibilidade de citas médicas para as usuarias.