jueves, 1 de agosto de 2019

SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE.


 Este ano a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña  contou novamente cunha subvención  que permitiu dar continuidade ó desenvolvemento do programa  dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade,  COIDANDO DE  MIN III. Este programa estivo subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo Social Europeo (nunha porcentaxe do 80% no marco do programa operativo FSE  Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 9 “promover  a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación “ prioridade de investimento 9.3 “ a loita contra toda forma de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades”, obxectivo específico 9.3.1  “ aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e aconciliación da vida persoal e laboral, evitando pola súa vez a discriminación múltiple.”
 Os resultados esperados  foron a mellora e afianzamento na seguridade en sí mesmas, mellora no coñecemento da enfermidade, mellora ou mantemento da integración na comunidade, adquisición ou mellora na xestión de situacións adversas e mantemento ou aumento da rede social de apoio.